Domingo 25 de outubro das 19:00 UTC+01 ás 20:15 UTC+01
Biblioteca Laxe (Salón de Actos)
PÍSCORE Píscore é unha compañía de nova creación que chega para aportar música e humor á escena galega. Na mellor tradición das compañías que mesturan a excelencia musical co humor, Píscore chega a cubrir este oco en Galicia na liña de recoñecidas formacións estatais. Creada en 2016 por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, catro músicos galegos formados cos mellores mestres galegos e internacionais, Píscore pretende mesturar a mellor música e moito humor, ritmo e comedia xestual. Píscore é unha compañía destinada a facerse un oco a forza de orixinalidade e gargalladas.
O ESPECTÁCULO Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco. Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.
FICHA ARTÍSTICA: Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas Dirección: Fran Rei Duración: 60 minutos Xénero: Musicomedia Público: Todas as idades