Events Calendar help
Tanxugueiras
Friday, 11 December 2020, 20:30
Hits : 41

Venres, 11 de decembro de 2020 ás 20:30

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut e un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras.
Unha aposta sen corsés, enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo "Contrapunto". Un disco que incide na recuperación da tradición das pandereteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situará a música galega en novos escenarios.
Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical en Galicia.
Xénero: MúsicaFolk
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 1HORA 20MIN

*PREZOS:
-Tarifa público xeral: 9.50€
-Tarifa reducida: 6.65€ - para desemprgad@s, con Carné Xove ou de estidante (ata 25 anos), menores de 14 anos.
-Tarifa abonad@s: 6.65€
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.
+info 981 102 897


Location : Pazo da Cultura - Narón

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto