Events Calendar help
Xornadas da Faba
From Friday, 01 October 2021
To Sunday, 03 October 2021
Hits : 126

EN LOURENZÁ SUSPENDÉRONSE OS CONCERTOS DE XABIER DÍAZ PROGRAMADOS PARA MAÑÁ ANTE A PREVISIÓN DE MAL TEMPO.
Lourenzá, 1 de outubro de 2021. Os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.
Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ”.
En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo só hai que entregar a entrada e recíbese o importe da mesma na biblioteca, que ten un horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres.
As demais actividades programadas dentro das Xornadas da Faba de Lourenzá para esta fin de semana mantéñense, pero a actuación de Airiños da Freba, que está prevista para o domingo ás 18:00 horas trasládase da Praza do Conde Santo ao salón de actos municipal, debido a previsión de choiva.
Ademais engádese na programación unha nova actuación para mañá, sábado, pola tarde: o grupo de música tradicional Souto Xímaro animará as rúas de Vilanova de Lourenzá.

Location : Lourenzá

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto