Events Calendar help
Vilablues Fest Noia
From Friday, 01 October 2021
To Sunday, 03 October 2021
Hits : 138


OR QUÉ SE MOVER OS CONCERTOS DO SÁBADO AO DOMINGO?
Cómo seguramente iriades vendo, o día de hoxe será según as prediccións metereolóxicas e as alertas anunciadas, un día que faría inviable a realización dos concertos.
Para que vos fagades unha idea, onte sí puidemos realizalos, por momentos houbo un pequeno orballo, pero xa iso entraba no escenario sin tan sequera haber vento.
Polo que a decisión está basada por riba de todo na seguridade das persoas tanto Público como Traballadores.
Dito isto, continuamos explicando que o Coliseo Noela non ten capacidade para abarcar un concerto con tantas bandas cos seus respectivos cambios de backline (instrumentos e colocación no escenario)
Polo que, ante a imposibilidade de atopar un recinto que puidese abarcar un evento destas características, ou buscabamos o cambio de día ou nos veríamos na situación dunha cancelación, cousa que dende logo, non desexamos.
Sabemos e sentimos a faena que isto supón para moitos de vos ao non poder asistir e pedimos disculpas.
DEVOLUCIÓNS
Estamos en contacto coa ticketeira para organizar dita devolución ás persoas que, motivado por estes cambios, non poidades asistir.
Estamos a loitar contra unha pandemia e contra o tempo, polo que vos pedimos comprensión e paciencia.


Location : Noia

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto