Events Calendar help
Thee Blind Crows + Berta Franklin
Saturday, 23 February 2019, 16:00
Hits : 75

Thee Blind Crows

Se o blues se expresa coa alma nun puño e o punk comporta unha actitude salvaxe, Thee Blind Crows recorren á descarga visceral de ambos os espectros vitais. Xurdidos como dúo no 2008, durante os seus dez anos de traxectoria compartiron escenario con artistas internacionais da talla de Flat Duo Jets ou Legendary Shack Shakers e botaron abaixo salas e festivais dentro e fóra do país.

No seu décimo aniversario suman un baixista á súa demoníaca fórmula e comezan a súa etapa como power trio con “Death Awaits Us All”, o seu novo LP de contundente nome e aínda máis contundente contido. Un disco sen colorantes nin conservantes, co seu son máis puro e potente, no que se recollen catorce cancións con profundo aroma a válvulas fumeantes e letras nacidas de rituais heréticos. Este novo traballo foi gravado no Estudio A Ponte (Niño y Pistola, Chicharrón, Das Kapital) e masterizado por Mike Mariconda (Guadalupe Plata, The Limboos, Los Chicos). Conta cunha coidada edición en vinilo, obra dos selos Folc Records, Ghost Highway Recordings e KOTJ.

Escoitar e descargar “Death Awaits Us All”: https://theeblindcrows.bandcamp.com/album/death-awaits-us-all

Facebook: https://www.facebook.com/pg/theeblindcrowsband/
Instagram: https://www.instagram.com/theeblindcrows/
Spotify: http://bit.ly/SpotifyTheeBlindCrows
Youtube: http://bit.ly/TheeBlindCrowsYoutube

Berta Franklin


Location : O Mercado Street Food - Lugo

Back

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto