Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
Xacobe Martínez Antelo Trío
Thursday, 17 October 2019, 21:30
Hits : 104

XACOBE MARTÍNEZ ANTELO TRIO
XOVES 17 | 21:00 | 8€
O songbook persoal de Xacobe Martínez Antelo achégase xa ó medio centenar de composicións. E todo este material está publicado nas distintas entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo camiño ó longo destes últimos e fructíferos anos. En formación de Trío, Cuarteto ou Quinteto, puxo a cara e o nome a unha forma de entender o Jazz que xurde dende o corazón e o peito, e que non coñece límites nin fai concesións. Xacobe Martínez Antelo continúa na senda da tradición xenuinamente jazzística con esta renovada formación a trío: saxo tenor, contrabaixo e batería, da man de Xosé Miguélez e Max Gómez. Jazz Galego de primeira liña, en libertade, e sen complexos...
Xacobe Martínez Antelo trío son: Xosé Miguélez no saxo tenor, Xacobe Martínez Antelo no contrabaixo e Max Gómez na batería.

Location : Casa das Crechas - Santiago de Compostela

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto