Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
AgoraSón 2019
Friday, 25 October 2019, 21:00
Hits : 76

Chega o AgoraSón do outono 2019 coas voces de Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú.

No auditorio do Centro Ágora o venres 25 de outubro ás 21.00h soarán tres propostas musicais ben diferentes. A cita está organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, e nela apóstase pola visibilización de persoas vencelladas á arte e á cidade, principalmente mulleres e por achegarlle á veciñanza a música e a cultura feitas na lingua de noso.

Para poder asistir, abonda con retirar materiais de lectura ou audiovisuais en galego na rede municipal de bibliotecas, a partir do día 14, xa que arredor destas datas é cando se celebra o Día da Biblioteca.

Non perdades a oportunidade de ver xuntas a Lydia Botana, Xurxo Souto e Vudú (Belém Tajes, Maritxinha e Bruno Couceiro), xa que, aínda que as súas propostas musicais son ben diferentes, o elemento sorpresa e a complicidade entre elas ha estar presente durante as case dúas horas de duración do concerto.

Location : Auditorio do Centro Ágora - A Coruña

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto