Axenda

Festigal´15
From sexta feira 24 xullo 2015
To sábado 25 xullo 2015
Vistas : 1080

O Festigal 2015 chega coas actuacións de Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Ibuprofeno Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus, o Mago Antón Habelas Hainas e Maianas, ademais do cento de actividades previstas para o 24 e o 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela no marco do Día da Patria Galega.

Na presentación deste evento “festivo e reivindicativo”, Alberte Mera, de Galiza Nova -unha das entidades da comisión organizadora- explicou que o Festigal está consolidado dende os seus inicios en 2002 no calendario de festivais de verán, “cunha aposta polo talento e a creatividade do noso país que se celebra no marco do Día da Patria” e que serve para “reivindicar a nosa cultura, en momentos en que as institucións e poderes intentan calar a nosa nación, a nosa lingua, artistas e novos valores”. “Os escenarios do Festigal serviron de lanzadeira de moitos grupos hoxe consolidados”, engadiu.

Así, haberá máis de 100 actividades en 2 días, con actividades musicais, teatro, presentacións de libros, debates, ideas, coloquios sobre a situación de Galiza e o dereito a decidir, espazo infantil, obradoiros, deporte, artesanía, asociacionismo, entre outras, todas elas gratuítas. Destacou tamén que haberá espazo para acampada na noite do 24 de xullo cun prezo simbólico de 3 euros para o que cómpre inscribirse en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. “O Festigal só é posíbel grazas ao público, a artistas comprometidas e ao voluntariado nacionalista que fai ese traballo”, explicou, “e así conseguimos o premio da música Martín Códax como mellor festigal galego”. “O Festigal é rebeldía e alegría para erguer a nosa nación”, concluíu.

Pola súa parte, Tania Ameneiro, da Fundación Galiza Sempre, agradeceu a participación de artistas nesta presentación e explicou que As Maianas, que gañaron o concurso “Novos Valores Festigal 2015″ serán quen abran esta edición o 24 de xullo ás 22:00 no campus sur.

Seguirán Habelas Hainas, que ofrecerán música tradicional e feminista; Caxade presentará unha mostra da Banda de Música da Bandeira; segue a veterana banda Ruxe Ruxe e pecha a xornada do 24 Sokram co seu disco “Chuvia ácida” que virá con colaboracións.

O Café Concerto do 25 de xullo, iniciarase coa maxia do Mago Antón, despois Isa Risco e Marián Bañobre van dinamizar a festa co espectáculo “O Furancho”, para seguir co folk de Carapaus co último disco “Déixao andar”; co rock de Familia Caamagno e con Superoito.

Lugar: Campus Sur - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.