Axenda

O Fiadeiro
sábado 25 xullo 2015
Vistas : 485

A agrupación O Fiadeiro actuará o próximo sábado 25 de xullo en Sarria co motivo do Ciclo Danza 3 – Folclore na rúa.

Hora: 21.30
Lugar: Malecón (Sarria) Lugo

Máis información: http://novasofiadeiro.blogspot.com.es/2015/07/actuacion-da-agrupacion-o-fiadeiro-en.html

Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos ofrecerán media ducia de actuacións dende o 18 de xullo nas rúas de Burela, Sarria, A Baña, Melide, Marín e O Barco.

Co lema ‘Folclore na rúa’, estas agrupacións sairán ao encontro dos espectadores co obxectivo de lles transmitir a esencia e a riqueza da nosa cultura popular
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, convidan a participar este verán nos seis encontros co baile e a música tradicionais de Galicia que se inclúen no marco do ciclo Danza3.

Baixo o lema ‘Folclore na rúa’, o seu obxectivo é transmitirlles aos cidadáns a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario co que se poñen en escena.
Calendario de actuacións
Cada un dos grupos de baile e música ofrecerá este verán dúas funcións no marco de Danza3. Deste xeito, a praza da Mariña de Burela acolleu o sábado 18 de xullo o espectáculo da formación coruñesa Xacarandaina, a cal volverá a actuar o 14 de agosto nas rúas de Melide. O Fiadeiro de Vigo estará, pola súa banda, o 25 de xullo no Malecón de Sarria e o 6 de setembro na Alameda de Marín; en tanto que a banda compostelá Cantigas e Agarimos será recibida o 1 de agosto na área recreativa Agra de Chan da Baña e o 11 de setembro na praza Príncipe de Asturias do Barco de Valdeorras.

En cada unha destas citas, os danzantes e músicos exhibirán a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se buscará implicar o público asistente, de xeito que cada un destes espectáculos será único, espontáneo e persoal.

Patrimonio inmaterial
Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina veñen colaborando desde hai unha década en distintas entregas de Danza3 co apoio de diferentes administarcións públicas. As tres entidades traballan, desde a súa fundación, coa música e o baile tradicionais como materias primas a partir das que constrúen experiencias visuais e sonoras para o público actual, contribuíndo desde xeito á divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia e do seu patrimonio inmaterial.

Neste sentido, e unidas como colectivo baixo as siglas 'XOC', son as impulsoras da proposta para lle solicitar á Unesco a declaración do baile galego como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.


O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
629 585 355 - 986 253 585
www.ofiadeiro.com

Lugar: Malecón - Sarria
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.