Axenda

Armadiña Rock 2015
sexta feira 21 agosto 2015
Vistas : 971

O horario das actuacións son:

22:30 A Familia Caamagno
23:30 O Leo i Arremecághona (1º Pase) .
24:00 Os Diplomáticos de Monte Alto
02:00 Recambios Tucho
03:00 O Leo i Arremacághona (2º Pase).

A comisión do Festival Armadiña Rock presenta o seu cartaz para o Armadiña Rock 2015, que terá lugar na praza da Chousa de Combarro, o venres 21 de Agosto as 22:30 horas.

Nesta setima edición o cartaz estará composto polos grupos: Familia Caamagno, Os diplomáticos de Montealto, Recambios Tucho e O leo e arremecághona.

A entrada sera completamente de balde e tamén se ubicara unha zona de acampada gratuita o lado do campo de futbol da Reiboa na Seca a menos de 10 minutos andando do festival.

Unha das novidades desta edición do Armadiña Rock é creación dun festival infantil que ao chamamos "Armadiña Kids". Achegará a música aos/ás raparigos/as de diferentes modos: obradoiro de percursión, pinta caras, etc. Farase a tarde do 21 de agosto a partir das 17:00 na Escola do Campo de Combarro, xusto ao caron da praza da Chousa.

O Festival infantil ven completar a axenda do 21 de agosto en Combarro. A ACDeM Armadiña organizará nesa data: teatro de rúa, unha sesión vermú, unha exposición de fotografía de embarcacións tradicionais, un festival infantil e o Armadiña Rock. E ti valo perder? 
Medre o mar!

Lugar: Combarro (Poio)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.