Axenda

Festival Solidario Mamá Cabra
segunda feira 01 maio 2017
Vistas : 171

Gloria Mosquera Roel e Tomi López, fundadoras de Mamá Cabra, organizamos e convidamos a amigxs e seguidorxs da música infantil a participar neste concerto solidario co que nos unimos á campaña que en xaneiro deste ano lanzaron desde o Grupo de Oncoloxía Médica Translacional Oncomet do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, é este un grupo multidisciplinar formado por investigadorxs básicos e clínicos, que centra a súa investigación nun dos maiores desafíos actuais en oncoloxía, as metástase, abordando o seu estudo sempre tratando de cubrir necesidades clínicas reais; desde e para as doentes.

Neste concerto participarán as organizadoras deste fermoso festival:Gloria Mosquera Roel e Tomi López, e estarán acompañadas por: Diego Maceiras no acordeón, Iago RodríguezJavier Constenla no piano, Harry Price no violín, Carliños Freire na batería, Brais Das Hortas na guitarra ePablo Vidal Mendoza no contrabaixo. 

UxíaChus Domínguez SenlleAna Domínguez SenlleXoán Curiel,Magin Blanco GarciaPaco Nogueiras NodarOlga KirkPablo Díaz Carroencherán o escenario de música e voces coas que celebrar este festival solidario.

Luchi IglesiasPepablo Patinho PenyaJorge Casas Caneiro e Montse Piñón serán as encargadas de achegar a parte teatral a este día.

Do son encargarase: Manuel Dourado Martínez (Madouma) e da produción executiva Urdime.

Agardámosvos para xuntxs facer realidade a biopsia líquida.

As entradas para o concerto xa se poden adquirir polo prezo de 5’00 € (menores de 3 anos, 2'00 €). Ademais, tamén se habilitou unha fila cero para aquelas persoas que non poidan asistir e que queiran facer unha achega económica.

Venda de entradas: Taquilla da Praza de Ourense
Ticketea I bit.ly/2ooWoeR

Fila Cero: Transferencia bancaria á conta de Oncomet en ABANCA ou nas súas oficinas ES68 2080 0300 8730 4556 7736

Lugar: Auditorio Centro Ágora - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.