Axenda

Trilitrate
domingo 07 maio 2017
Vistas : 186

Estamos a presentar o noso segundo álbum, Frutal Death, e xa nos tocaba pasar polo paradisíaco Náutico do Grove, pegadiños á Praia da Barrosa de San Vicente. Na noitiña do domingo 7 de maio asaremos alí o noso rodicio de cancións a base de violín, acordeón, guitarra, voces, sons de animaliños e poemas visuais.

Será a iso das oito da tarde e só por 6 euriños. Vente :)

Escoita e merca o noso segundo disco Frutal Death:

Bandcamp | https://goo.gl/B4r49q
Spotify | https://goo.gl/mrNpNj
iTunes | https://goo.gl/pPLN0W
Deezer | https://goo.gl/7tN0AF
Youtube | https://youtu.be/ZfUQ8uz4RiE

"Os galegos Trilitrate propuxéronse compoñer e interpretar a música folclórica dun mundo que aínda está por achar. A banda sonora da película que ninguén podería rodar xamais: unha especie de discurso perdido entre a épica humanista de Fitzcarraldo e as elipses narrativas do Acorazado Potemkin. Frutal Death apesta a século XX e por iso se debate entre a música contemporánea, a world music e o folk balcánico, a neoclásica e os ritmos pegados á terra. Os catro integrantes do Colectivo Metamovida propuxéronse sobrevoar e logo destruir todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada ademais por un salvaxe sentimento de independencia. Cincuenta minutos de pezas profundas, enérxicas, salvaxes, que funcionan como testigo, neste mesmo intre, do incrible momento creativo do trío galego - cuarteto incluíndo a maxistral correspondencia visual a cargo de Laura Iturralde."

El Nauticohttp://www.elnautico.org/
Prensa e comunicación | Parvo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Contratación | Parvo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Lugar: Naútico de San Vicente - San Vicente do Mar, San Vicente do Grove (O Grove)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.