Axenda

The Skarnivals + The Toasters
sexta feira 12 maio 2017
Vistas : 149

Este venres 12 de maio, a partir das 21:30 h, chegan á Malatesta uns grandes, The Toasters acompañados por Dr. Ring Ding #soundsystem backed by Rulassie Selektah + The Skarnivals.
Unha noite para o #ska #skanking #reggae.
Idea Rock
Entradas á venda na A Reixa Tenda Portobello Discos Discos Elepe e Codetickets

No seu 37 aniversario The Toasters empezan o 2017 anunciando un calendario cargado de concertos. Estes auténticos crentes do DIY excederon xa a barreira dos 5.000 concertos e o seu plan é continuar. Formados en 1981 no lower East Side, a banda converteuse nun sinónimo do 2 Tone americano. Dr Ring Ding foi un dos primeiros intérpretes en Alemaña en tender pontes entre as escenas Ska e Reggae, o seu traballo abriu moitos oídos e corazóns para os "Good Vibes" dos seus sons favoritos. Abrirán esta noite adicada o Ska - Reggae - Dancehall os galegos The Skarnivals.

Lugar: Sala Malatesta - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.