Axenda

IV O Mercado da Arte
cuarta feira 17 maio 2017
Vistas : 165


Estamos de volta coa IV edición do MERCADO DA ARTE na praza de abastos do barrio do Calvario.
Un evento onde os bancais das peixeiras cambian o peixe por obras de arte que van dende a pintura, fotografía, serigrafía,ilustración, literatura e ceramica en todas as súas dimensións.
Unha forma de achegar a arte a rua e convidar as galerias a coñecer novos talentos e artistas emerxentes.
Concertos, audiovisuales,pintura en directo,actividades infantis , subasta de arte e algunha sorpresa mais.
Unha maneira distinta de festexar o día das letras galegas.

Pouco a pouco vamos desmigallando a programación.
Este ano o a sesión vermut correra a cargo de Paulo Pascual Castro e o seu proxecto Modulador de Ondas. O 17 de maio Modulador de Ondas estará as 13:00 tocando no mercado do Calvario no evento: "O Mercado da Arte".

Lugar: Praza de Abastos - O Calvario, Cabral (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.