Axenda

Ejazz
sexta feira 19 maio 2017
Vistas : 127

Este venres 19 de maio desvelarase o nome da persoa gañadora do 1º premio do 26º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. Lembremos que Jesús Amboage, Noelia Cendán e Teresa Moure son os finalistas que optan aos tres galardóns que se conceden: 4.000 € para o primeiro; 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro. Contaremos coa actuación musical do grupo #EJazz e as intervencións artísticas do colectivo #XIPA. A gala tamén incluirá unha lembranza da figura de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, coa proxección de “A luz de Carlos” en que se fai referencia á relación do autor ourensán con#Arteixo e con este certame. Todo isto e moito máis ás 20:00 h no Auditorio de Arteixo! Entrada de balde. Consulta o resto da programación aquí:http://www.arteixo.org/index.html/?q=node%2F7963

Lugar: Auditorio de Arteixo - Arteixo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.