Axenda

X Serán Afartacans
sábado 20 maio 2017
Vistas : 158

Radiocaracola fm dende a Laxe Ghrande de Liméns.
BANDO.
Por orde do señor presidente da asociación cultural Afartacáns de Liméns, faise saber que este año celebramos o décimo aniversario do serán, no lugar do Areeiro de Liméns, o vindeiro 20 de maio, sábado.
A novidade é que este serán farase a modo de romería popular. Non haberá chiringo, é dicir, non venderemos comida nin bebida. Cadaquén que traia o que queira para comer e beber. A asociación ofrecerá auga fresca de varias fontes escollidas da parroquia, e viño tinto de balde. Tamén haberá un pinchiño ao remate da treboada que recorrerá a aldea dende as 11 da mañán, con dúas paradiñas polo camiño para avituallamento, unha na Laxe Ghrande e outra na Tellada. 
A cucaña co xamón estará dispoñible todo o día para quen se atreva a ghabear pola vara. 
Teremos un obradoiro para facer espantallos e outros xogos para a rapazada, e tamén para maiores, coma o tradicional tiro de corda.
Coma sempre o sorteo da cesta de productos típicos da terra, con denominación de orixe "darrenteaparede", farase ás nove da noite.
Haberá música do país coa participación dos punkis da Tellada e achegados. Con moita soberbia.
Se tocas algún instrumento, tráeno e acompáñanos.
Como remate conxuraremos unha queimada para compartir con vós, e así escorrentar os meigallos cando esa brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedando libres de mal e de todo encantamento.
Solicitamos colaboración para facer un mural coas fotos de seráns anteriores, que serán expostas alí mesmo durante todo o día. 
Grazas anticipadas.
Vivan os Afartacáns. Viva Liméns.

Lugar: Areeiro de Liméns - Liméns, O Hío (Cangas)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.