Axenda

Ponxa Intenso
domingo 04 xuño 2017
Vistas : 204

En ocasión do "Día Internacional do Medio" que cae o 5 de xuño de cada ano, a Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome organiza unha xornada artística enfocada na sensibilización e concienciación sobre o tema do "Cambio Climático".
A xornada artística, onde haberá charlas de expertos do sector de Medio Ambiente, Música, Danza, Expo Colectiva e Mercado de Produtos Ecolóxicos, está programada para o Domingo 4 de Xuño desde as 6pm ata as 10pm.

A nosa casa, a casa de todos, a TERRA, atópase nun estado de sufrimento. A natureza, a súa fauna e a súa flora, sufre unha contaminación constante e agresiva. As causas son múltiples e variadas e as consecuencias son atroces e terribles para todos nós.

Esta xornada, do mesmo xeito que acontece en multidude de actividades e accións no mundo enteiro, quere ser unha ocasión máis para lanzar mensaxes de ecosostibilidade e sensibilización a cerca do coidado do noso medio.
Cada un de nós ten entre as súas mans un enorme poder para protexer o ambiente, coidar a súa saúde e salvagardar o planeta. 

Ás veces pode parecer que son asuntos moi grandes e que non nos tocan, pero todos somos responsables e cos nosos actos podemos facer moito máis do que imaxinamos. Ás veces un sinxelo xesto como reciclar ou non tirar obxectos polo retrete, ou un simple acto como non tirar lixo no campo, entre moitos, poden ser de gran axuda. 
Para respectar a natureza non só debemos educarnos e educar o nosos fillos senon converter os bos hábitos en unha prácticas obrigatorias, ata convertelas en algo normal e natural. 

Do mesmo xeito que somos capaces de coidar e amar aos nosos fillos tamén hai que facelo coa natureza que é a noso fogar.


#senanimodenome
#culturadebarrio

Concellería de Culturas da Coruña
Concello da Coruña

Lugar: Praza de España - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.