Axenda

XI Festival Alternativo Millo Verde
From quinta feira 08 xuño 2017
To sábado 10 xuño 2017
Vistas : 1105

Outro ano máis...noutra paraxe diferente pero coa mesma enerxía de sempre... Así chegamos para presentar a 11ª edición do Festival Alternativo Millo Verde!

Os días 8, 9 e 10 de Xuño na Praia de Cesantes (Redondela) terá lugar unha conexión máxica onde 11 bandas que proveñen de lugares tan dispares como estilos musicais teñen farán as delicias dos que queiran asistir a este festival que, por increíble que pareza nestes tempos, é de balde!
E non so iso, unha chea de actividades deportivas, teatrais e musicais acompañarán as horas do día, no que fan de esta cita un periplo de 3 días de festa e diversión.
Toda a info na web: www.milloverde.org

Con todo isto deixamos a nosa invitación á espera de recibiros cunha gran aperta e con ganas de cumplir coas espectativas do que é o Millo Verde.

Agradecemos o máximo respeto durante o festival. Principalmente un respeto á Praia de Cesantes e o seu entorno, non por ser máis que as ubicacións doutros anos pero por ser unha das zonas máis belas do noso municipio e porque é responsabilidade de todos cuidar o noso entorno. Asi mesmo respetar ó festival consumindo nas zonas habilitadas pola organización e polos comercios que colaboran co festival. Axudade a que o Millo Verde siga existindo!

Vémonos xente! Cheira a Millo!

Lugar: Praia de Cesantes - Cesantes (Redondela)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.