Axenda

Nova Orquesta Mollabao + Rita Braga + Ian Svenonius Escape-Ism
segunda feira 12 xuño 2017
Vistas : 193

Escape-Ism é o último invento en solitario de Ian Svenonius, artista estadounidense ao frente de agrupacións tan míticas coma The Make-Up, Nation Of Ulysses, Chain & The Gang, XYZ ou Weird War e tamén autor dos libros "Estratexias sobrenaturais para montar un grupo de rock", "O psíquico soviético" ou "Censura agora!!!"
Con Escape-Ism o Ian propón un achegamento diferente ao rock baseado na voz, guitarra, caixas de ritmos e fuzz, unha pureza de forma moi lonxe do concepto típico de banda.

I'm a Lover (at Close Range): https://www.youtube.com/watch?v=vI7XTSKSqVw

Dende Lisboa, ven Rita Braga. Ela é a xefa do ukelele da voz de terciopelo que mistura estilos sen medo con un acabado resplandecente. Combinando o folk de medio mundo coa intención lounge de moitos temas, estamos seguros de que vai refrescar e sorprender á mutantería.

https://ritabraga.bandcamp.com/
https://superbraguita.com/

Estarán acompañando os locais Nova Orquesta Mollabao. Formada por xentiña de Holky, Urro ou Cuchillo de Fuego a N.O.M. é unha batidora guiada pola enerxía primitiva mutante.

Ti mandas, aporta entre 5 e 8 euros de donativo, haberá alimento sólido e líquido ós prezos de sempre no que promete ser unha noite para recordar no Liceo!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.