Axenda

Cora Sayers
sexta feira 16 xuño 2017
Vistas : 128

Cora Sayers (Cora Velasco,1991, actriz) Comeza a sua andadura en solitario no verán de 2014,tras pasar como corista e cantante de grupos de blues,rock folk,funk e pop, en setembro de 2014 graba o seu primeiro EP, "Origen" .

Durante a primeira metade de 2015 toca en diferentes salas tanto de Pontevedra como de Madrid e participa en diversos festivais de verán. En abril dese ano o seu tema "He Rules in Purple" é elexido para ser BSO da curtametraxe "Constelación Urbana" (Luis Galán) , presentado este ano no Festival de Cannes.

En setembro de 2015 graba o seu primeiro LP, "I'm Home" nos Estudios Montealto (A Coruña) masterizado en Mystery Room Mastering (Wisconsin)

En xaneiro de 2016 lanza o álbum e presentao por salas de todo o territorio galego, así como fora del.
No verán de 2016 toca en festivais como o Armadiña Rock,SilFest,Feito a Man e no Noroeste Pop Rock en A Coruña onde telonea a Triángulo de Amor Bizarro e Ocean Colour Scene,tras quedar finalista do concurso de maquetas de Cuac FM.

No outono de 2016 presenta o seu segundo videoclip, da man de Producciones Mutantes,así mismo estrea o seu primeiro single en castelan "La Ciénaga" . A finales de ano xira polo sur, visitando Toledo, Sevilla, Málaga e Granada.

Comeza 2017 tocando en Madrid, Barcelona, Zaragoza, Gijón, Ponferrada e Lugo. No primeiro semestre do ano participa na Fiesta Demoscopica de Mondosonoro para grupos emerxentes, en tres concertos do ciclo Club-E de Estrella Galicia e na primavera realiza unha xira por Europa, tocando en Portugal, Francia, Bélgica, Alemania e Dinamarca. 

Próximamente participará en diversos festivais como o de Cans ,Olatu Talka ( Donosti ) e o Santiautor ademais de seguir presentando as suas novas cancions en castelan por toda Galicia e fora dela. 

Terémola na Casa Do Fol o próximo día 16 de xuño. ás 20:30 h.
¡Non faltedes!

Lugar: A Casa do Fol - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.