Axenda

Berlai
sábado 17 xuño 2017
Vistas : 140

Berlai presenta o seu primeiro disco, ‘Desconhecido’, nun concerto o vindeiro 17 de xuño en Rianxo

Berlai (rock/pop/indie): 17 de xuño 21.00h 10€ (Auditorio de Rianxo)

Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, 'Desconhecido', o pasado decembro, Berlai ofrecerá un novo concerto en Rianxo o sábado 17 de xuño ás 21 horas no Auditorio de Rianxo. Será un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxará en directo, como parte do espectáculo.

‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería.

Berlai

Berlai é o proxecto musical creado polo músico compostelán Xiao Berlai, líder da banda. Un proxecto baseado nunha música sen complexos que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.

Berlai é indie rururbano, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e así se transmite no primeiro proxecto da banda: ‘Desconhecido’. O resto dos compoñentes da banda son: Pablo Pérez (baixo), Bruno Couceiro (batería) e Iago Mouriño (teclados).

As letras das cancións insisten nun lirismo obsceno, nun romanticismo roto, e nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as berzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial. Este é o ambiente perfecto para o amor máis puro ou o sexo mais porco do ideal berlaiano. Onde a Galiza imaxinaria vai perdendo aos poucos os folgos de seguir sendo.

Proxecto ‘Desconhecido’

‘Desconhecido’ é o primeiro disco de Berlai, un proxecto especial que foi financiado a través da plataforma de crowdfunding Verkami. Un CD/BD no que música, poesía e narrativa ilustrava van xuntas da man copartindo estética, e forman un fío narrativo onde a lectura proposta é o conxunto completo da obra, pero non o único. Así, a obra convértese nun collage no que as partes (unha canción, un debuxo, unha secuencia, un poema) poden ser independentes e, ao mesmo tempo, cando son lidas lidas como partes do todo, cobran un novo sentido.


Máis información:
www.berlai.com

Lugar: Auditorio de Rianxo - Rianxo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.