Axenda

Festa XXV Aniversario CSCD As Pedriñas
sábado 05 agosto 2017
Vistas : 254

O sábado 5 de agosto celebrarase a festa do XXV aniversario deste centro.
25 anos despois o centro foi rematado có auditorio onde poderemos desfrutar de Tino Baz, da proxección do video-documental sobre estes 25 anos de historia e da presenza das creadoras; Illa Bufarda, da peza teatral da compañía Berro Bambán "A deshoras" e de sorpresas que se se contan deixan de selo.
Tamén teremos a Peter Punk como organizador das I Olimpiadas Pallasas.
Pero a festa comeza pola mañá. As 12:00 sesión vermú e concertazo con The Turres Band.
A festa, ao igual que a historia, facémola nós. Non faltedes.

Lugar: CSCD As Pedriñas - Tameiga (Mos)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.