Axenda

Ataque Escampe
quinta feira 24 agosto 2017
Vistas : 246

Ataque Escampe é un grupo musical fundado no 2001 en Santiago. Nos seus inicios definíase a si mesmo como facedores de "música de serie B" con letras en galego, cun ton buscadamente afeccionado e unha expresa vontade de experimentación lúdica.

A partir do 2012 empeza a súa andaina máis profesional, ao tempo que o seu estilo evoluciona. Pop ecléctico con influencia de diversas tradicións estadounidenses, desde o soul ao funk. As súas letras están consideradas pola crítica literatura.

O grupo está composto por Miguel Mosqueira, Xoán Lois García, Álvaro Trillo, Samuel Solleiro e Roi Vidal.

Curiosamente, Solleiro e Vidal son, amais de músicos, escritores.

Lugar: Fundación Vicente Risco - Allariz
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.