Axenda

8º MinhoReggae
From sexta feira 01 Setembro 2017
To sábado 02 Setembro 2017
Vistas : 489

O Minho Reggae Splash chega á súa oitava edición formando parte da rede europea de festivais de música reggae. Este proxecto xorde como actividade principal da Asociación Cultural Minho Reggae, colectivo, que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno a través das diversas actividades culturais que desenvolve ao longo do ano .

O colectivo conta con máis de dez anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos tanto en Galiza como Portugal.

Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, ecoloxismo e sustentabilidade.

O eixo principal deste proxecto é, como o seu nome indica, o Río Miño, mais non ten una connotación fronteiriza, senón que tenta ser un nexo de irmandade e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.

O festival Minho Reggae Splah é, en definitiva, un evento sociocultural transfronteirizo centrado na música reggae e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, do Estado español, Portugal, Europa, Brasil, Xamaica,... entre outros, co fin de difundir o reggae e a súa filosofía.

Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, charlas, proxeccións, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

Lugar: Goián (Tomiño)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.