Axenda

Azougue
sábado 02 Setembro 2017
Vistas : 275

O azougue confire ao vidro a facultade de reflectir a realidade que recibe, pois o espello non é senon un vidro azougado. Do mesmo xeito Lamas e De Miguel, coa colaboración de Romero, reciben a realidade da música tradicional, pero a reflicten cun espello libre que non se cingue á literalidade do obxecto reflectido. O espello imaxinario co que traballan xenera novas pezas nas que a compoñente tradicional tan só é unha parte da súa nova realidade, un mundo musical no que a World Music conflúe coa música clásica e o jazz, un mundo no que a tradición ocupa sempre un lugar privilexiado.

Azougue son Pedro Lamas (saxo soprano e barítono, gaita, dulzaina, melódica, percusións) / Jacobo de Miguel (piano) / Xosé Lois Romero (percusións tradicionais)

Lugar: La Clave - Monterroso
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.