Axenda

II Serán Caneco Solidario
sábado 09 Setembro 2017
Vistas : 239

Moi bos días!!!
Xa temos data para o II Serán Careco Solidario, ó sábado 9 de setembro reservadeo porque será un día de festa onde a solidariedade e ó folclore galego serán os grandes protagonistas... Será no recinto da festa da Rocha, en San Claudio (Ortigueira).
Este ano tódolos beneficios acadados irán para a ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) porque sabemos o dura que é esta lacra de enfermidade que é o cancro e sobre todo para un neno que non debería ser mais que iso, un neno, e poder disfrutar da sua infancia e da vida coma outro calquera e por iso parécenos causa mais que suficiente para axudar a esta asociación que tanto fai por eses pequenos e as suas familias e podan pasar por ese duro trance da mellor forma posible!!!
Nós xa estamos a traballar para que este ano sexa mellor que o pasado e que todos podamos disfrutar desta gran festa solidaria, así que xa sabedes... Música, baile, xantar e cea e moitas sorpresiñas mais, pero sobre todo solidariedade!!!

Lugar: San Claudio (Ortigueira)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.