Axenda

X Rock in Rian
sábado 09 Setembro 2017
Vistas : 311

Dez anos de traballo e de esforzo. Dez anos de música galega e en galego. Dez anos de música de balde. O vindeiro 9 de setembro, o Festival Rock in Rian está de aniversario e celébrao por todo o alto con máis de 14 horas de música sen pausa! A xornada arrincará ao mediodía cun percorrido cultural polo Rianxo dos autores literarios; tras o vermú, xantaremos no Parque de Galiza cun concerto de sobremesa de Skandalo GZ; seguiremos cunha ruada cos Festicultores para coñecer o Rianxo dos autores, o Rianxo antigo, con especial relevancia á casa do "Poeta do Mar", Manuel Antonio, onde Odé Zulé realizará o seu concerto de rúa e animación clown e circense; de seguido, un pasabares con agrupacións musicais rianxeiras amenizará a vila; por último, a traca final, outra volta no Parque de Galiza, a partir das 22 h con Festicultores, Dakidarría, Vendetta e Rebeliom do inframundo. O Rock in Rian máis longo agárdavos a todos e a todas. Non faltedes!

Lugar: Parque de Galiza - Rianxo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.