Axenda

Rock is Dead Fest
sábado 09 Setembro 2017
Vistas : 286

ROCK IS DEAD FEST 2017
PARQUE DE BELVÍS (SCQ)
09/09/2017
– ENTRADA DE BALDE –
Chega a nova edición do festival Rock Is Dead Fest.
Máis de 12 horas de música en directo e cheo de actividades gratuitas orientadas aos máis cativos da familia.

Concertos:
3 concertos para a sesión vermú que comezarán ás 13:00h coa actuación de “Liz e as Ánimas Negras”, “Soul Maxín” e “The Folkies Celtas” onde disfrutaremos do soul, blues e rock-folk.

Ás 15:30h comenzarán as actuacións dos alumnos das escolas de rock Pulsar (A Coruña), a Casa do Rock (Santiago) e Estudo Bonobo (Pontevedra)

Ás 17:00 arrincará o concerto XanSession, a Jam Session de Rock máis grande da península, coa participación de máis de cen artistas galegos que relizarán una homenaxe aos grandes artistas defuntos da historia (Queen, Motorhead, Janis, Marley, Nirvana, Jackson 5…) podes consultar o listado de temas en: http://rockisdeadfest.com/lista-temas-2017/

O fin de festa será cuberto a mans de “Extrema Urgencia” “Darksteel”, “Eager Platypus”, “The Resacas” e “Jules & the Wolf”.

Actividades Infantiles:
Campionato Axedrez Sub-13 (12:30-17:45h).- partidas rápidas a rei de mesa(inscripción no propio recinto)
Contacontos (13:00h e 16:00h)

Obradoiro Fútbol Flag Black Ravens (13:00h-17:00h).- Iniciación a este deporte de equipo. Inscripción no propio recinto.

Obradoiro Literario “Contos Extraños” (18:15-19:15h).- Iniciación ó mundo de creación de contos e historias de maneira escrita. Idade aconsellada: entre 9 e 13 anos. Inscripción no propio recinto.

Zona Drummers (13:00h-18:00h): ó longo do día, o noso público poderá probar as súas dotes o instrumento estrela do mundo da percusión gracias á instalación de baterías electrónicas por parte da organización. Esta actividade non ten límite de idade.

Tamén teremos unha zona con oferta gastronómica para tódolos gustos, con comida vexetariana, hamburguesas e, por suposto, unha boa carpa de polbo e churrasco que non pode faltar en ningún festi. 

Rock is Dead é un festival organizado pola asociación sen ánimo de lucro “MadGhost”, e agradecemos de antemán toda a axuda que nos podades prestar na difusión deste evento.

Máis información en www.rockisdeadfest.com#rockisdeadfest (Facebook, twitter e Instagram”)

-Liz e as Ánimas Negras:
https://www.facebook.com/lizandtheblacksoulband/
-Soul Maxín: 
https://www.facebook.com/Soul-Maxín-361230924264076/
-The Folkies Celtas: 
https://www.facebook.com/folkiesceltas/
-Extrema Urgencia: 
https://www.facebook.com/EXTREMA-URGENCIA-186470474734111/
-DarkSteel: https://www.facebook.com/DarkSteelFerrol/
-Eager Platypus: 
https://www.facebook.com/eagerplatypusband/
-The Resacas: 
https://www.facebook.com/theresacasband/
-Jules & the Wolf: 
https://www.facebook.com/julesandthewolf/

Lugar: Parque de Belvís - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.