Axenda

IV Foliada do Bosque
sábado 09 Setembro 2017
Vistas : 281

Gaiteir@s, pandereteir@s, tamborileir@s, bailadoras e bailadores, fainos moita ilusión convidaros á IV Foliada do Bosque. Unha foliada aberta na que tod@s poden participar. Non tedes máis que traer o voso instrumento (ou non) e unirse ós que estén tocando, Os asistentes fan a festa.
Os que viñestes os anos anteriores xa sabedes de que vai, os que non, achegádevos tamén a este encontro en torno á música tradicional: non o perdades!
Terá lugar o vindeiro sábado 09 de setembro a partir das 11 da mañá no Bosque de Carballo e ata que o corpo aguante. Teremos bochinche con comida e bebida a prezos populares, zona de acampada e tamén carpa.

Lembrade que podedes levar a vosa comida/bebida!

Agradécese a difusión do evento a tod@s os que poidades.
Lumeeeee!

Lugar: Carballo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.