Axenda

Os John Deeres + Pito de Pikasso + Soul Maxín
cuarta feira 11 outubro 2017
Vistas : 366

Noite de rock galego na Capitol! Pito de Pikasso e Os John Deeres presentan cadanseu disco en Compostela, acompañados de Soul Maxín, a nova banda de soul en galego!

PITO DE PIKASSO, desde 2004 levando o seu un-ró delirante por todos os puntos da xeografía galega, consolidando o largo destes anos un directo divertido e potente que a ninguén deixa indiferente.
Durante estes anos publicarón 1 EP e 4 LPs co que construiron un estilo propio persoal e identificable.

En "Algodon de Sucre" acompañaremos a Xan, un home sen oficio nin beneficio ao que unha casualidade pode facer que a sua vida cambie para millor …..ou non

pitodepikasso.bandcamp.com


Os JOHN DEERES presentan "20-20", un segundo traballo co que a bandade Couso parece que atopou o seu son. Despois dun primeiro traballo que recollía 
temas de case unha década tocando xuntos, con "20-20" a banda dá un salto cara a un son máis directo e 
cru, máis compacto e máis achegado ás súas bandas de referencia dos 70, pero sen perder a perspectiva 
de estar gravado no século XXI. 
En "20-20" atopamos 8 temas pensados para o directo, 8 trallazos de hard rock contundente con letras 
que van da temática social ao macarrismo, da superación dos propios límites á conciencia de 
que ás veces só queda deixarse levar pola nosa parte máis escura.

Este traballo supón a consolidación dos John Deeres como a banda de referencia do hard rock en galego.

www.osjohndeeres.com


SOUL MAXÍN, unha banda de música soul en galego que xurde en decembro de 2016 en Compostela, seran os encargados de abir esta noite de música. Na actualidade o grupo aposta por levar ao directo versións de clásicos e temas propios que abarcan diferentes influencias musicais (soul, blues, rock, bossa…). Entre as principais influencias da banda destacan artistas coma Etta James, Freedonia, Sharon Jones, James Brown ou Aretha Franklin entre moitos outros. 

Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.