Axenda

Pablas Jazz 4.0 Quartet
quinta feira 12 outubro 2017
Vistas : 347

Esta é unha xira moi especial para min e estou moi feliz de compartila con todos vos. Por fin atopei o momento axeitado para presentar o meu primeiro mini-Ep, chamado Luz, e tamén o xeito de levalo a cabo con moita maxia e enerxía.
Para esta xira por Europa, reunireime con grandes amigos e músicos espectaculares de todo o mundo, traballando asemade con músicos locais e desenvolvendo unha nova forma de que as cousas sucedan. O resultado será algo moi emocional, arriscado, intenso; unha música novedosa e fresca, que agardo faga ás vosas alma mais feliz e luminosa. 
O repertorio consiste nunha balanceada mezcla entre as miñas propias composición e clásicos do jazz de diversas eras, conectando todo de xeito que o público sinta que realmente están experimentando unha viaxe real. 
Cada detalle de esta incríbel viaxe musical será documentada, e vos formaredes parte de este xenuíno tributo á amizade, ó amor e por suposto, ó crecemento musical e espiritual.
Pablo Gonzalez, ‘Pablas’: Sarria, Lugo (1983):
Guitarrista e aventureiro. Viaxou, estudiou e traballou por medio mundo. Os seus estudios tiveron lugar en A Coruña, Madrid, Torino (Italia), Porto Alegre (Brasil), Buenos Aires (Argentina), Nasik (India) e Osnabrück (Alemania), con algúns dos mellores profesores en materias como Guitarra Jazz e Rock, Producción Musical, Composición e incluso Ioga.
Pablas leva tocado polo mundo en todo tipo de xéneros, grupos de jazz ou bandas de rock en situacións como cruceiros (Holland America Line), orquestas de baile ou Big Bands de jazz.
No ano 2015 consigue co seu cuarteto Pablas Jazz 4.0 o primeiro premio en interpretación e composición no concurso Cultivando Música, despois da súa actuación no Festival da Luz. Este premio fixo posible a gravación do mini-EP “Luz”, que inclúe catro desas composicións.
Ó longo do verán de 2017, xirará ó longo de diversos países europeos, realizando un documental previo á súa tese e concerto final de graduación no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

www.pablas.com Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. https://pablasjazz4.bandcamp.com/

Lugar: Filloa Jazz Club - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.