Home Axenda
Events Calendar help
See by year See by month See by week See Today Search Jump to month
Pablas Jazz 4.0 Quartet
Thursday, 12 October 2017Hits : 62

Esta é unha xira moi especial para min e estou moi feliz de compartila con todos vos. Por fin atopei o momento axeitado para presentar o meu primeiro mini-Ep, chamado Luz, e tamén o xeito de levalo a cabo con moita maxia e enerxía.
Para esta xira por Europa, reunireime con grandes amigos e músicos espectaculares de todo o mundo, traballando asemade con músicos locais e desenvolvendo unha nova forma de que as cousas sucedan. O resultado será algo moi emocional, arriscado, intenso; unha música novedosa e fresca, que agardo faga ás vosas alma mais feliz e luminosa. 
O repertorio consiste nunha balanceada mezcla entre as miñas propias composición e clásicos do jazz de diversas eras, conectando todo de xeito que o público sinta que realmente están experimentando unha viaxe real. 
Cada detalle de esta incríbel viaxe musical será documentada, e vos formaredes parte de este xenuíno tributo á amizade, ó amor e por suposto, ó crecemento musical e espiritual.
Pablo Gonzalez, ‘Pablas’: Sarria, Lugo (1983):
Guitarrista e aventureiro. Viaxou, estudiou e traballou por medio mundo. Os seus estudios tiveron lugar en A Coruña, Madrid, Torino (Italia), Porto Alegre (Brasil), Buenos Aires (Argentina), Nasik (India) e Osnabrück (Alemania), con algúns dos mellores profesores en materias como Guitarra Jazz e Rock, Producción Musical, Composición e incluso Ioga.
Pablas leva tocado polo mundo en todo tipo de xéneros, grupos de jazz ou bandas de rock en situacións como cruceiros (Holland America Line), orquestas de baile ou Big Bands de jazz.
No ano 2015 consigue co seu cuarteto Pablas Jazz 4.0 o primeiro premio en interpretación e composición no concurso Cultivando Música, despois da súa actuación no Festival da Luz. Este premio fixo posible a gravación do mini-EP “Luz”, que inclúe catro desas composicións.
Ó longo do verán de 2017, xirará ó longo de diversos países europeos, realizando un documental previo á súa tese e concerto final de graduación no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

www.pablas.com Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  https://pablasjazz4.bandcamp.com/

Location : Filloa Jazz Club - A Coruña

Back

Vindeiros Concertos:

Ven Dec 15 - 6º Mercado da Estrela - Santiago de Compostela
Ven Dec 15 - Agoraphobia - Sala Baranda - O Barco de Valdeorras
Ven Dec 15 - XII Festival Rebulir - Ramirás
Ven Dec 15 - Zurraspa + Las Odio - La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
Ven Dec 15 @18:30 - - Paco Nogueiras - Libraría Libros para Soñar - Vigo
Ven Dec 15 @19:00 - - Pakolas - Fundaçom Artábria - Ferrol
Ven Dec 15 @20:30 - - Faltriqueira - Casa da Cultura - Neda
Ven Dec 15 @22:00 - - Seráns da Malatesta - Sala Malatesta - Santiago de Compostela
Ven Dec 15 @22:00 - - Pablo Sanmamed Trío - Filloa Jazz Club - A Coruña
Ven Dec 15 @22:00 - - Festa Presetaçom Apalpador Fest VI - CS Fuscalho - A Guarda
Ven Dec 15 @22:00 - - Fernando De Dorado - Caldeirería - Santiago de Compostela
Ven Dec 15 @22:30 - - Falperrys - Mala Vida - Vigo

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto