Axenda

A Vacaloura Vermella
sábado 14 outubro 2017
Vistas : 280

O momento máis agardado!! A Vacaloura Vermella presenta en Mos o seu disco ‘As Jotas para o Café’ O concerto terá lugar mañá, sábado 14, no marco da celebración da Festa do Codillo e nel participarán outros grupos amigos O primeiro disco da Vacaloura Vermella inclúe once temas compostos polos propio membros do grupo Mos, 13 de outubro de 2017 | A carpa da Festa do Codillo de Mos acollerá mañá sábado, 14 de outubro, a presentación do primeiro disco da Vacaloura Vermella, ‘As Jotas para o Café’. A partir das 22:30 horas, o grupo mosense ofrecerá un concerto no que participarán varios grupos amigos convidados e que estará, segundo os propios membros do grupo, “cargado de sorpresas para todos os asistentes”. A Vacaloura Vermella leva varios anos amenizando coa súa música distintos eventos por toda Galicia. Formaron parte do cartel na primeira edición do Festival Intercéltico O Son do Pazo, en Mos, e no último ano actuaron, entre outros lugares, na ‘Cita coa Historia’ da Pontes ou no Arde Lucus. Durante todo este tempo foron creando un repertorio formado integramente por temas de composición propia que aparecen agora recollidos no disco ‘As Jotas para o Café’. O grupo está integrado, actualmente, por Daniel Burgos, David Burgos, Paco García Cobas, Pablo González Porto e Iñaki Prieto. Comezaron a tocar xuntos na Banda de Gaitas Airiños do Castelo, do Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia de Mos e foron desenvolvendo un estilo musical propio, festeiro e animado, co que aspiran a “deixar a súa pegada na música galega”. O disco, autoproducido polos propios membros da Vacaloura Vermella, é o produto dun traballo de varios anos e supón para eles a realización dun soño. Nos próximos meses ofrecerán varios concertos nos que terán a oportunidade de presentar o traballo aos seus seguidores, pero quixeron que a estrea oficial tivera lugar na súa casa, na contorna do Pazo de Mos coincidindo, ademais, co XX aniversario da celebración da Festa do Codillo.

Lugar: Festa do Codillo - Mos
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.