Axenda

Abe Rábade Trío
terza feira 24 outubro 2017
Vistas : 306

Entradas a venda dende o martes 23 de Outubro no JAZZ FILLOA, rúa Ciega, s/n A Coruña.

ABE RÁBADE.
Nacín en Compostela (Galiza) o 8 de Setembro de 1977. Comecei a estudar música con 4 anos no Conservatorio Histórico de Santiago, onde a iniciación se impartía co método Kódaly -un xeito de aprendizaxe no que priman a creatividade e a intuición por riba de todo-. Seguinme formando no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. Aló estudiábase o solfexo con standards de jazz e descubrín que a improvisación podía ser a expresión máxima desta forma de arte. No ano 1995 proseguín os meus estudos en EEUU, onde obtiven unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston) en 1999. No 2000 voltei á cidade á que sempre quero seguir voltando: Santiago de Compostela.

Son músico porque penso que a música é unha das vías máis profundas para comunicar emocións. Tento non perder nunca de vista este principio naqueles proxectos que emprendo.

O meu primeiro instrumento é o piano, o segundo a batería. Tamén escribo música e dou clases en dous centros educativos: o SPJ en Pontevedra (Galiza) e a ESMAE en Porto (Portugal). Creo que unha das cousas máis fermosas que ten a Música é que nunca se deixa de aprender; é unha carreira que dura toda a vida.

Desde 1996 lidero un trío de jazz acústico, que está formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Tamén adoito realizar concertos e gravacións con formatos musicais máis amplos, desde o Quinteto de Jazz á Orquestra Sinfónica.

Estes son os discos que editei ata o momento como líder: Babel de Sons (2001), Simetrías (2002), GHU! Project vol.1 (2004), Playing on Light -7 sounding photos- (2006), Open Doors (2008), Abe Rábade Piano Solo (2009), Zigurat (2010) , A Modo (2012), Versóns (2013), Tránsitos (2015) e Once (2016).

Algúns dos músicos cos que actuei e/ou gravei son: Jesús Santandreu, Miguel Zenón, Bob Mintzer, Perico Sambeat, Chris Kase, Avishai Cohen, Alan Ferber, Toni Belenguer, Kurt Rosenwinkel, Nuno Ferreira, Antonio Serrano, Albert Sanz, Sinne E, Claudia Acuña, Deborah Carter, Mísia, Guadi Galego, Carlos Barretto, Paco Charlín, Javier Colina,Terri Lyne Carrington, Bill Goodwin, Jeff Williams, Skip Hadden, Jeff Ballard e Mário Barreiros.

Tiven a oportunidade de tocar na maioría de Festivais de Jazz do estado español e dei concertos en París e Toulouse (Francia), Berlín, Munich e Kiel (Alemania), Lausanne (Suíza), Porto, Lisboa e Madeira (Portugal), Tánxer (Marrocos), Boston, New York, Rochester e Cleveland (USA), Birmingham (UK), La Habana (Cuba), Helsinki (Finlandia), Salvador de Bahía (Brasil) e Santiago de Chile (Chile).

Lugar: Filloa Jazz Club - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.