Axenda

Zumaque Trío
sábado 28 outubro 2017
Vistas : 328

Prezados amigos:

A tarde do sábado 28 de Outubro, na Casa das Insuas, en Rábade (Lugo), a AGCT proponvos unha nova xeira dos Concertos ao Natural, un proxecto cidadán que xunta música, natureza e cultura no rural

Con esta iniciativa, pretendemos:

Abrir un espazo á creación e poder establecer un circuíto moi singular, para gozar -a poucos centímetros- de proxectos acústicos de músicos de primeiro nivel internacional.
Aprender e gozar de culturas doutros lugares.
Ofrecer cultura e natureza de calidade no rural

Actúa.

Colabora.

Difunde.

Ás 18:00h., faremos a ruta das Insuas hora e media de paseo naturalista. Saída e chegada á Casa das Insuas (traede ropa e calzado axeitados).

Ás 20:00h., concerto de Zumaque Trío

Zumaque Trío propón un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética, e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. Poñen en valor e dinamizan estructuras e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados

Os concertos fináncianse coa colaboración do público. Aportación recomendada:10 euros (3 euros nenos)

Ás 21:30h., animámosvos a traer algo de comer e de beber para compartilo nunha cea distendida cos músicos despois do concerto.

Agardámosvos en Rábade con Música ao Natural….

Imprescindible reservar praza: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

SÁBADO 28 OUTUBRO A PARTIRES DAS 18:00h. NA CASA DAS INSUAS

Zumaque Trío é unha formación de recente creación, integrada por tres músicos afincados en Compostela, cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais. A arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo, vencellado a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, pero sempre comprometido ca música tradicional galega.

Bleuenn Le Friec,

Arpista francesa afincada en Compostela. Formase en arpa celta en Bretaña, a súa rexión de orixe, e prosegue logo cos estudos da arpa clásica en San Sebastián e Frankfurt. Paralelamente á súa actividade orquestal en numerosas formacións do panorama europeo, forma parte de varios ensembles de música de cámara onde pode explorar todas as facetas do seu instrumento. Na actualidade é profesora de arpa no Seminario de Música Tradicional da E.M.M. de Santiago de Compostela.

Alfonso Calvo,

Contrabaixista compostelán licenciado en Jazz Contrabaixo Matrícula de Honra polo Conservatorio Superior de Música da Coruña e Master en Jazz pola ESMUC de Catalunya. Ten gravado, entre outros, co quinteto e o sexteto de Marcos Pin, Leira Catro, o trío de Valentín Caamaño e coma líder das súas propias formacións a cuarteto e a septeto. Actúa de xeito habitual por toda a xeografía galega, colaborando con diferentes artistas e participando en festivais coma o Imaxina Sons ou o Festival de jazz de Lugo. Na actualidade toca con Marcos Teira Translations Trío, For Long Together Duet, Aló Django, Valentín Caamaño Trío, Leira Catro e Alfonso Calvo Septet

Pablo Pascual,

Coma clarinetista formouse con Miguel Romea, Miguel Espejo e Felipe González, e coma clarinetista baixo con Gustavo Duarte, Henri Bok, Harry Sparnaay e Carlos Gálvez. Tamén estudou a gaita escocesa con Jean-Pierre Rogel, René Louédec e Patrick Molard. Grabou en moreas de producións discográficas xunto a Marful, Abe Rábade, Laio, David Herrington, Jesús Santandreu, Tony McManus, Jacky Molard, Germán Díaz, Joana Machado ou Fred Martins. Ten tocado xunto a músicos coma Kepa Junkera, Harry Manx ou The Blind Boys of Alabama, en festivais en Canadá, EE.UU., Cuba, Francia, Bélxica ou Escocia. Coma técnico reparador formouse con Emilio Carluzzi, en Módena, con Daniel Bangham, en Cambridge, e con Laurent Duchaussay, Laurent Duda e Thierry Morel, na fábrica Buffet-Crampon de Mantes-la-Ville.

https://www.facebook.com/Zumaque-Tr%C3%ADo-113075069185428/

www.germandiaz.net

Lugar: Auditorio da Casa das Ínsuas - Rábade
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.