Home Axenda
Events Calendar help
5è Aniversari ACGB
Saturday, 11 November 2017Hits : 103

Chega a Barcelona a festa máis esperada do ano! O sábado 11 de novembro será un día grande, celebraremos o 5º Aniversario da ACGB acompañado con boa música, bailes sentidos, xente riquiña, humor e co noso querido “Gosto do Magosto”, que moitas alegrías nos deu!

O lugar de celebración será a Plaça d’en Joanic, e para os obradoiros, moi pretiño desta praza, será o Ateneu Roig e La Violeta de Gràcia.

Comezamos cun dos proxectos máis bonitos da ACGB, a LudoteGa. Ás 11.30 horas, os máis pequenxs, as nais, os pais e achegadxs estrean esta festa con xogos e cancións.

O pregón do acto será a cargo do Sr. Alberte Montes, actor, cómico, guionista, director, locutor e socio da ACGB. Estamos moi felices que sexa o encargado de adicar a súa realidade retranqueira á ACGB.

Ás 14.15 chega a hora do xantar! Haberá tapas de lacón asado, churrasco, petiscos e polbo na carpa de Don Pedro Ribeiro. Chegade a tempo e collede mesa porque comer sentados é máis saudábel!

Ás 17.00, para facer comuñón coa Santa Igrexa, haberá unha procesión da Sant@ LK nas rúas de Gràcia pero voltamos outra vez ás 17.30 horas á Plaça d’en Joanic para revivir o “Gosto do Magosto”, unha icona galega transgresora que mostra o lado máis sentimental de todxs nós.

Mentres estamos bebendo LK (Licor café) e comendo castañas, proxectarase o audiovisual histórico da ACGB – 5 anos de historia. Durará pouquiños minutos pero moi intensos!

Despois soben á escena BA TE GA! É un proxecto aínda en construción, co que esperan medrar paso a paso. Xorde dun afortunado encontro de camiños de amigos e compañeiros da ACGB, unidos por unha inquedanza e paixón común pola música e o baile. Bátega é chuvia intensa, curta… unha irrupción que cambia o momento. Bátega é o imperativo do verbo catalán «bategar», un desexo profundo de acompasar a música co bater dos nosos corazóns, e que siga tan viva como sempre mereceu.

Unha das visitas máis esperadas do evento é HABELAS HAINAS; un proxecto que xorde cando se cruzan os camiños de Sandra Tamayo, Patricia Gamallo, Arantza Alfaia e Jara Ortiz, catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional. O seu posicionamento artístico é sempre dende unha ollada feminista e plural. Coas mesmas inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde os catro elementos se xuntan e complementan de xeito persoal. A súa versatilidade vai alén do feito de seren multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos artísticos poético-teatrais, facendo de cada espectáculo algo diferente.

Non hai unha festa galega sen queimada. O conxuro virá a cargo de ACCB TEATRO! Esta beberaxe bébese para arredar os meigallos e os seres malignos que nos axexan! Se corre polas vosas veas, podedes estar a salvo en moito tempo.

Ás 21.15 horas haberá sesión de FIA: Foliada Intercultural Aberta e para rematar a festa, o que xurda, porque somos verdadeiros especialistas 

Vémonos o 11 de novembro, de 11.00 a 23.00! Faremos historia. Opaiiii!

Location : Plaça d´en Joanic - Barcelona (Catalunya)

Back

Vindeiros Concertos:

Mar set 25 - Os Amigos dos Músicos - Sala Galileo Galilei - Madrid (España)
Mer set 26 @22:30 - - A Banda das Crechas - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov set 27 @21:00 - - Roberto Sobrado Grupo - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov set 27 @23:00 - - Elephants Yard - El Contrabajo - Vigo
Ven set 28 - Pauliña - CS A Revolta - Vigo
Ven set 28 - VII As Penizas Folk - Monte das Penizas - As Penizas, Guillarei (tui)
Ven set 28 - VII FestiVal das Brétemas - Ponteareas
Ven set 28 @17:00 - - Festival Voces de Muller - Praza Cei Nodus, Parque de Bombeiros - Lugo
Ven set 28 @18:00 - - Pakolas - Redondela SNl - Redondela
Ven set 28 @20:00 - - Najla Shami - Pazo de Liñares - Liñares, Prado (Lalín)
Ven set 28 @22:00 - - Cinta Adhesiva - Tinta Negra - Pontevedra
Ven set 28 @22:30 - - Alto Asalto - Fundaçom Artábria - Ferrol

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto