Axenda

Eliseo Parra
sábado 11 novembro 2017, 21:00
Vistas : 158

ELISEO PARRA (música tradicional castelá) - Sábado 11 - 21:00 8€ (de balde, previa reserva)

A Casa das Crechas acolle este sábado a presentación a súa primeira biografía autorizada, acompañado do seu editor Pablo Quintana, de editorial Canela. Ao rematar ofrecerá un recital acompañado destacados músicos galegos como Xosé Lois Romero ou Marcelo do Bode, así como algunha outra sorpresa. Nesta obra nárrase a apaixonante peripecia vital e artística dunha músico clave na modernización do folk español e a renovación da escena da música tradicional ibérica. O CD que acompaña ao libro ofrece unha visión global de cinco décadas de traballo de Eliseo Parra e pon en valor a súa achega a xéneros tan dispares como o rock psicodélico, a salsa ou a canción de autor. O libro-disco, escritor por Rafael Alba e prologado por Fernando Neira, foi publicado por Editorial Canela. Non o dubiden. Se Eliseo Parra nacese en Alabama, calquera afeccionado español á música coñecería a súa biografía, a súa vida profesional e as súas cancións. Pero Eliseo é natural de Sardón de Duero, un pobo de Valladolid. Converteuse en músico profesional en Barcelona e gravou as súas ‘Tribus hispanas’ (o disco fundamental do folk español nos últimos anos do milenio) en Madrid. Talvez por iso, a figura de Eliseo Parra non alcanzou a relevancia que merece. Con todo, o tempo colocará a este excepcional artista no lugar que lle corresponde. Eliseo investigou a música tradicional ibérica, rescatou ritmos e instrumentos e revitalizou o legado popular para asegurar a súa viabilidade futura. Un traballo coidadoso e enérxico, tan relevante como o que fixeron noutras latitudes bandas veneradas como Led Zeppelin, que inxectou electricidade aos vellos blues. Ademais, Eliseo foi testemuña privilexiada, e protagonista, dos principais movementos artísticos procreados no últimas cinco décadas. Desde os primeiros conxuntos xurdidos tras o contaxio do fenómeno beatle á explosión do rock layetano, pasando pola eclosión dos cantautores, o reinado da salsa, a modernidade impostada da década do oitenta e a explosión das músicas do mundo. Unha historia de honestidade, paixón musical e acontecementos compartidos que tiña que ser contada.

Lugar: Casa das Crechas - Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.