Axenda

Habelas Hainas
sexta feira 17 novembro 2017, 22:30
Vistas : 169

HABELAS HAINAS Sala SUPER 8 Ferrol
VENRES 17 NOVEMBRO 2017 22:30 H.
Entradas Anticipadas:
Sala SUPER 8 - C/ Real, 223 - Ferrol - [jue-sáb de 22:30-5:30 h.]
A VELLA FÁBRICA DE LAPIS - C/ Lugo, 61 - Ferrol - [lun-vie de 10:00-13:30 h. y de 17:00-20:30 h.] Entrada: 5€
Música de raíz galega cunha ollada feminista e social.
Habelencia, Húmida, Histeria, Horizonte. Compostela.
Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza,
Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a
muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde
non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes.
Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con… Habelas Hainas.
AS PINZAS
Sandra Tamayo: acordeón, gaita, pandeiro cadrado…
Patricia Gamallo: gaita, pandeiro cadrado, guitarra…
Arantza Alfaia: tamboril, caixón peruano, derbuka…
Jara Ortiz: voz, bombo, pandeireta, crótalos árabes…
HISTORIAL DO GRUPO
É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres
de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para
crearen o proxecto “Habelas Hainas”. Coas mesmas
inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde
os catro elementos se xuntan e complementan de xeito
persoal. A súa versatilidade vai alén do feito de seren
multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos
artísticos poético-teatrais, facendo de cada espectáculo
algo diferente e senlleiro. Compostela é o decorado onde se
dá a luz o proxecto que, dunha forma directa, conecta coa
xente de a pé en rúas, calexas, prazas, locais e
escenarios.
O seu punto de partida é a música tradicional e de
raíz, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que
xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende
unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar
outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar
coa tradición. Esta permanente inquedanza reflítese na
indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos
instrumentos tradicionais, creando un son enérxico, fresco
e orixinal.
...

Lugar: Sala Super 8 - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.