Axenda

The Skarnivals + Skándalo GZ + Rendi Nue
sexta feira 17 novembro 2017, 21:30
Vistas : 220

#INCENDIOSNUNCAMAIS

ENTRADA NORMAL: 5€

ENTRADA SOLIDARIA · FILA CERO (ONLINE): 5€

Despois da catástrofe acontecida na Galiza por culpa dos incendios que asolaron a nosa terra, colectivos musicais de diversos ámbitos e estilos se xuntaron nunha marea de solidariedade, a música galega sempre estará disposta a axudar a sua xente. O vindeiro 17 de Novembro, na Master Masterclub vigo as bandas The Skarnivals, Skandalo GZ e a artista galega Rendi Nue, se xuntarán baixo a produción de Buena Calle e LR Management, nun concerto solidario patrocinado pola Master Masterclub vigo. Os beneficios íntegros do concerto, serán destinados a axudar os nosos veciños de As Neves, unha zona devastada como xa aconteceu en moitas outras ocasións pola vaga de lumes. Coordinados cos servicios de voluntariado de As Neves e o Concello As Neves, a organización usará os beneficios para axudar a cubrir as necesidades máis urxentes da comarca.

Lugar: Sala Máster Club - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.