Axenda

O regueiro
domingo 19 novembro 2017, 20:30
Vistas : 150

DOMINGO 19

Hora: 20:30h

Prezo: 6€

O regueiro é o nome dun concerto documental de Pilo Sierra e L.A.R. Legido, que da conta da historia de Consuelo Rodríguez López, Chelo, guerrilleira de Soulecín, Barco de Valdeorras. Muller chea de coraxe, compromiso e dignidade, é a última supervivinte dunha familia moi duramente represaliada, co asasinato de seis dos seus membros, nos anos da postguerra. Coa ambientación sonora de L.A.R. Legido, na batería e obxectos sonoros, a poesía e a voz de Pilo Sierra, e a proxección de audiovisuais coas testemuñas da propia Chelo, constrúese un espectáculo de fonda emotividade, anovador no concepto e necesario no seu contido. *O regueiro* é unha homenaxe a Chelo e a todas as mulleres silenciadas que desenvolveron un papel activo na loita daquela sociedade, e que mesmo chegaron a participar da guerrilla armada ademáis de apoiala dende a clandestinidade. Mulleres dobremente represaliadas, por ser desafectas ao rexime dictatorial, e pola súa condición feminina.

Lugar: Casa das Crechas - Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.