Home Axenda
Events Calendar help
Abe Rábade Trío
Friday, 24 November 2017, 22:00
Hits : 131

Aforo limitado.
Venda entradas no Jazz Filloa.
ABE RÁBADE.
Nacín en Compostela (Galiza) o 8 de Setembro de 1977. Comecei a estudar música con 4 anos no Conservatorio Histórico de Santiago, onde a iniciación se impartía co método Kódaly -un xeito de aprendizaxe no que priman a creatividade e a intuición por riba de todo-. Seguinme formando no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. Aló estudiábase o solfexo con standards de jazz e descubrín que a improvisación podía ser a expresión máxima desta forma de arte. No ano 1995 proseguín os meus estudos en EEUU, onde obtiven unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston) en 1999. No 2000 voltei á cidade á que sempre quero seguir voltando: Santiago de Compostela.
Son músico porque penso que a música é unha das vías máis profundas para comunicar emocións. Tento non perder nunca de vista este principio naqueles proxectos que emprendo.
O meu primeiro instrumento é o piano, o segundo a batería. Tamén escribo música e dou clases en dous centros educativos: o SPJ en Pontevedra (Galiza) e a ESMAE en Porto (Portugal). Creo que unha das cousas máis fermosas que ten a Música é que nunca se deixa de aprender; é unha carreira que dura toda a vida.
Desde 1996 lidero un trío de jazz acústico, que está formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Tamén adoito realizar concertos e gravacións con formatos musicais máis amplos, desde o Quinteto de Jazz á Orquestra Sinfónica.
Estes son os discos que editei ata o momento como líder: Babel de Sons (2001), Simetrías (2002), GHU! Project vol.1 (2004), Playing on Light -7 sounding photos- (2006), Open Doors (2008), Abe Rábade Piano Solo (2009), Zigurat (2010) , A Modo (2012), Versóns (2013), Tránsitos (2015) e Once (2016).
Algúns dos músicos cos que actuei e/ou gravei son: Jesús Santandreu, Miguel Zenón, Bob Mintzer, Perico Sambeat, Chris Kase, Avishai Cohen, Alan Ferber, Toni Belenguer, Kurt Rosenwinkel, Nuno Ferreira, Antonio Serrano, Albert Sanz, Sinne E, Claudia Acuña, Deborah Carter, Mísia, Guadi Galego, Carlos Barretto, Paco Charlín, Javier Colina,Terri Lyne Carrington, Bill Goodwin, Jeff Williams, Skip Hadden, Jeff Ballard e Mário Barreiros.
Tiven a oportunidade de tocar na maioría de Festivais de Jazz do estado español e dei concertos en París e Toulouse (Francia), Berlín, Munich e Kiel (Alemania), Lausanne (Suíza), Porto, Lisboa e Madeira (Portugal), Tánxer (Marrocos), Boston, New York, Rochester e Cleveland (USA), Birmingham (UK), La Habana (Cuba), Helsinki (Finlandia), Salvador de Bahía (Brasil) e Santiago de Chile (Chile).

Location : Filloa Jazz Club - A Coruña

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Out 18 - Pauliña-CANCELADO - Rúa da Paz - Ourense
Xov Out 18 @22:00 - - The Lelli Kelly´s - Modus Vivendi - Santiago de Compostela
Xov Out 18 @22:30 - - Sumrrá - Garufa Club - A Coruña
Xov Out 18 @23:00 - - Elephants Yard + Mighty Rockers - El Contrabajo - Vigo
Ven Out 19 - Festival Nos Seus Pés - O Grove
Ven Out 19 @13:00 - - The Manueles - Patio Restaurante Portafaxeira - Santiago de Compostela
Ven Out 19 @20:00 - - MJ Pérez - Casa da Mocidade - A Gándara, Narón (Narón)
Ven Out 19 @21:00 - - X Certame Musical Fran Pérez "Narf" - Sala Sónar - Santiago de Compostela
Ven Out 19 @22:30 - - Zoúpalle Festival II - A Farándula - Vigo
Ven Out 19 @23:30 - - Pauliña - Sala A Fundación - Melide
Ven Out 19 @23:30 - - Almánimal - Pub Nerio - Cee
Sab Out 20 - Festival Nos Seus Pés - O Grove

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto