Axenda

10º Culturgal
From sexta feira 01 decembro 2017
To domingo 03 decembro 2017
Vistas : 598

Culturgal Feira Industrias Culturais
Música, Libros, Cine, Artes Escénicas, Infantil, Estreas, Arte Contemporánea
Do 1 ao 3 de decembro
No Pazo da Cultura de Pontevedra
Venres e sábado: de 11 a 21h. Domingo até as 20h.

VENRES 1 DE DECEMBRO

18:30  Espazo Carpa Matrioskas. Charlatana S. Coop. Galega. Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres. Coa contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira.

19:30  Espazo Carpa Presentación do disco «Son da memoria», de Seso Durán. Inquedanzas Sonoras. Con Seso Durán, voz e guitarras, José Fuzzno, guitarras, Víctor Castro, baixo, Antonio Monano, teclados e Franc Gorriz, batería.

20:30  Espazo Carpa Atrás Tigre. Con Olalla Cociña, voz e teclado, Xiana Arias, voz e baixo, Pedro Solla, voz e guitarra, e Antón Blanco, batería. Triunvirato Axencia Musical.

SÁBADO 2 DE DECEMBRO

11:30  Itinerante A Musicleta e Os Instrumentos Máxicos. Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli. Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira.

12:30  Espazo Carpa O Carballiño vive. Con Eladino Cabanelas, Roberto Sobrado (cantautor), 4Mal Quartet Jazz. OZOCOgz.

13:00  Espazo Libro Presentación de Uxía-O. Uxía canta a Uxío, un proxecto da Fundación Uxío Novoneyra apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais pola Deputación de Lugo. Interveñen: Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Uxío Novoneyra, secretario da Fundación Uxío Novoneyra, Pilar García Porto, deputada de Cultura de Lugo, Uxía, cantora, e Niko Alvarellos, editor.

13:30  Espazo Carpa Presentación do disco «A viaxe de Yoyo». DOUS. Con Fernando Abreu, clarinete, e Pablo Carrera, cordas.

13.30  Espazo Infantil Deleite Concerto PunkInfantil. Con Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas. Charlatana S. Coop. Galega.

16:30  Espazo Carpa María Fumaça. Presentación 5ºAniversario. Galaxia. Sonárbore.

17:15  Espazo Carpa  Portugal na Culturgal Grupo de Fados ISE.IPP. Desde Porto, dous cantores acompañados de guitarras clásica e portuguesa.

18:30  Espazo Carpa Robertoliveira Artista Percusión.

19:30  Espazo Foro Herdeiras. Presentación do libro-CD. Inquedanzas Sonoras.

19:30  Espazo Carpa Coro Encaixe en directo. Fds Producións.

20:30  Espazo Carpa Banda Crebinsky. Presentación do disco «Zircus Affe». Con Pablo Perez, contrabaixo, Sergio Zearreta, voz, Pablo Carrera, guitarra e voz, Xacobe Lamas, violín, e Enrique Otero, teclados e voz.

21:00 Auditorio do Pazo da Cultura Andrea Pousa presenta o disco «Respirar». Nalgures Producións. Espectáculo de pago.  Entradas en ataquilla.com

DOMINGO 3 DE DECEMBRO

11:15  Espazo Carpa Elefante Elegante. Concerto Lisboa. Presentación disco «Àr». Con Gonçalo Guerreiro, guitarra e voz, Antonio Romero, contrabaixo, Rosalía Vázquez, violonchelo, Richi Casás, saxos e trompeta, e Iago Blanco, batería e percusión

11:15  Espazo Infantil Deleite A viaxe da palabra que non era valente. Con Silvia Penide, voz, e César De Centi, voz e guitarra.

12:00 Auditorio do Pazo da Cultura Eu cociño, ti cociñas? Mamá Cabra en concerto. Galaxia. Sonárbore. Espectáculo de pago.

16:30  Espazo Carpa Pitusa Semifusa e os Estilos Musicais. Galaxia. Sonárbore. Presentación de disco. Olga Brañas (piano), Andrea Picos (voz e animación), Marta Bravo (voz), Brais Morán (voz, guitarra), Pablo Vidal (baixo e contrabaixo) e Carliños Freire (batería) explicarán os diferentes estilos musicais, cun espectáculo divertido e participativo.

16:30  Espazo Cine Sitio distinto. Estrea en Galicia. Proxección e coloquio. Con Davide Cabaleiro, produtor executivo e director, e Isaac Xubín, poeta.

17:00  Espazo Infantil Deleite Pequeno Cabaret Infantil. Con Nelson Quinteiro.

17:30  Espazo Carpa Argonat Band. Rock and roll e pop da man de seis acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrico e batería facendo versións dos clásicos. Alumnos e alumnas da Escola de Música de Torroso en Mos dirixidos por Juan Bande.

18:00  Espazo Infantil Deleite Papi e mami. Fantasía coas palabras. Presentación de libro-disco. Galaxia. Sonárbore.

18:30  Espazo Carpa Bailando as rúas. Presentación do disco de «A banda da Loba». Seispés Producións Creativas. Con Xiana Lastra, cantante, Estela Rodríguez, violín, Marcela Porto, percusión, Inés Mirás, guitarra, baixo e piano, e Andrea Porto, baixo e guitarra.

19:00  Espazo Infantil Deleite Radio BULEBULE. Presentación de libro disco co músico Paco Nogueiras e as intervencións de José Miguel Sagüillo, artista e director dos videoclips, David Pintor, ilustrador, e Xurxo Souto. Kalandraka Editora.

19:30  Espazo Carpa Alann Bique. Musicarte. Con Patricia Túñez Gómez, violín, Martín Sampedro Rañó, percusión e frautas, Juan Manuel Varela Louro, baixo, e Carolina Borja Conde, gaita, guitarra


Lugar: Pazo da Cultura - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.