Axenda

Presentación "Punto e Volta"
sexta feira 15 decembro 2017, 21:00
Vistas : 180

O venres día 15 de decembro a partir das 21h, Punto e Volta(http://puntoevolta.com/) presentará o seu proxecto no Auditorio Municipal de Cerceda. O evento, organizado pola A.c. Lucerna Cerceda coa colaboración do concello, porá feche a máis dun ano de traballo e contará coas actuacións de Richi Casás e máis das Pandereteiras das Encrobas.

Este acto pretende ser un encontro entre persoas de todas as idades unidas polo fío da música e o baile de raíz. O colectivo Punto e Volta proxectará algúns dos seus vídeos e abrirá espazo para a conversa entre os asistentes. Logo virá a música da man dos artistas.Tanto Richi Casás como as Pandereteiras das Encrobas son residentes no concello de Cerceda e participaron do proxecto. Podedes ver as entrevistas e as pezas gravadas aquí (https://www.youtube.com/playlist?list=PLFTxPZmUWjun5p5-7DTTqxzdiX5nM876T) e aquí (https://www.youtube.com/playlist?list=PLFTxPZmUWjulA3iEJKeHMq6QUtPAZOZrI)

Lugar: Auditorio Municipal - Cerceda
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.