Axenda

Atrás Tigre + Viva Suecia
sábado 16 decembro 2017, 22:30
Vistas : 189

A banda compostelá segue coa promoción do seu primeiro LP “Fainos sair” que amosa o seu lado máis synth pop dende unha sofisticada liberdade compositiva, sintetizadores omnipresentes, guitarras vibrantes e melódicas e revoltosas liñas de baixo. Un disco que se debate entre a ensoñación xuvenil e o desencanto inevitable da madurez, un bosque musical cheo de matices que invita á aventura.


A sala Inn Club (Los Cantones Village, A Coruña) abriu as súas portas o pasado mes de Outubro como unha forte aposta pola música indie en directo xa que conta cun aforo de 600 persoas. O sábado 16 de decembro ás 22.30 será o momento de Atrás tigre que compartirán escenario cos murcianos Viva Suecia. Os últimos traballos de ambas bandas coinciden na intensidade de cancións directas con letras que rompen todos os esquemas. As entradas anticipadas xa se poden adquirir vía Ticketea (15 € + gastos de xestión) e tamén estarán dispoñibles na taquilla (18 €). Ademais moi pronto anunciaremos novas datas para o novo ano xunto con algunha sorpresa, seguiremos informando!


Lugar: Inn Club - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.