Axenda

Puerta Sur
sábado 23 decembro 2017, 21:00
Vistas : 239

O último concerto deste ano 2017 na Corte dos Bois será o sábado 23 de decembro. E que mellor maneira que contar co grandísimo Ton Risco, o artista que máis nos ten visitado, con diferentes proxectos. Desta volta ven arroupado por Dani Domínguez(batería) e Joan Masana(baixo), dous enormes músicos que acompañaban este pasado verán a Jorge Pardo na súa xira. E dunha colaboración de Ton con eles, naceu este proxecto chamado "Puerta Sur", que como non, é jazz(o noso estilo predominante), pero con tintes flamencos. Rematamos o ano da mellor maneira, con este proxecto tan especial. Non o perdades!!!

Lugar: A Corte dos Bois - Santa Ana, Sandiás (Sandiás)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.