Axenda

Galician Freaky Film Festival
From sexta feira 22 decembro 2017
To sábado 23 decembro 2017
Vistas : 332

Concertazo da banda MadMartin trio da man do Galician Freaky Film Festival!
O venres 22 de decembro ás 23:30, na sala Transylvania Metal Pub Vigo(Rúa Rogelio Abalde, 16), poderedes disfrutar dun concerto desta xenial banda, así como a presentación do seu novo disco “Tornado”. Por 7€ e de agasallo unha entrada para as pelis do festi+rifa sorteo pack freak!!

Fai xa case catro anos dende que MadMartin trio debutou coa presentación de “It Was A Very Good Year” (2014), tema talismán do trío, dende entón publicaron, “Seven Lucky Shots” (2014) editado en España por Molusco Discos e “Time To Go Mad” (2015), un LP que inclúe 14 temas publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. "Eileen", incluido en “Time To Go Mad” foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa “El Sótano de Radio3” de Diego R.J. Dende entón non pararon de tocar por media Europa e tódala xeografía española. No 2015 foron os gañadores en Madrid do concurso “Azkena Rock Party” entre un número considerable de bandas.

Agora presentan “Tornado”, un vinilo en 10” financiado con unha exitosa campaña de crowdfunding, producido por Mike Mariconda e gravado á antiga usanza e en analóxico.

Festa por todo o alto! O peche final do Galician Freaky Film Festival non deixará a ninguén indiferente.
Moita música, moitas risas, sorteos, frikismo… Remataremos o festival como ben vos merecedes!
Toma nota: Sábado 23 Decembro. Dende as 00:00 ata que o corpo aguante! Na sala Mogambo Vigo (Rúa de Churruca, 12). Comezaremos cun concerto do grupazo IGMIG, risas e música aseguradas, e a festa non parará da man do DJ METEORO que pinchará tocando tódolos fíos da túa alma máis bailonga e freaky.

IGMIG é un trío musical vigués dificil de encasillar: grandes doses de postpunk, rock progresivo, electrónica… aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do s. XX como o serialismo e a improvisación. As letras recordan o dadaísmo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo. A posta en escena é tremendamente eufórica. Enormes doses de interacción co público e moito humor.

Lugar: Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.