Axenda

Chotokoeu
sexta feira 29 decembro 2017, 23:00
Vistas : 288

Cando uns bos amigos se unen para facer o que máis lles gusta, teñen as mesmas inquedanzas e ven o mundo de xeito semellante…Cal é o resultado? A resposta é sinxela: Chotokoeu, 10 anos facendo un soño realidade con máis de 500 concertos en 13 países. E non é só un grupo de músicos, se non tamén un colectivo 100% autoxestionado que organiza as súas xiras, deseña, prepara campañas de publicidade e todos os traballos que non se ven enriba do escenario. E por se fose pouco, tamén se pon do outro lado e organizan eventos, festas e un festival multidisciplinar que vai pola súa 6ª edición, o “Vibra Balboa”.


Tras unha década a bordo deste barco, o próximo ano cada un de nós seguirá o seu propio rumbo, rematando unha fermosa etapa chea de música, aventuras e emocións.
Non temos palabras para describir o incrible que foi esta experiencia e o orgullo que sentimos por facer posible co noso esforzo e o voso apoio, un proxecto tan utópico e marabilloso como CHOTOKOEU.
Lonxe dos divorcios e das rupturas conflictivas chegamos a este punto dun xeito consensuado sen problemas nin discusións que emborronen todo o vivido. Por iso, a familia seguirá unida, coas portas sempre abertas para o que faga falta e co desexo de que chotoko volva a soar pronto.
Como vos contamos non temos palabras para describir o que foi isto pero si que estamos cheos de emocións para transmitilo cos nosos instrumentos nunha xira de celebración e de despedida que queremos desfrutar e compartir con tod@s vós!

SOLD OUT !!

Temos que anunciarvos que xa non quedan entradas para o concerto deste venres no Garufa, temos sentimentos encontrados, por un lado estamos moi orgullosos e contentos de que a unha semana vista do concerto as entradas estén agotadas pero por outro sabemos que hai xente cercana e querida que quedará sen entrada, valoraremos nestes días se e viable facer outro concerto de cambio de etapa, iremos informando.

Gracias por todo o apoio que estamos recibindo neste tramo final desta fermosa etapa, esperamos pasar un gran día cheo de emocións, sopresas, sonrisas e moita festa !!

VEMONOS O 29 !!!

Lugar: Sala Garufa - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.