Axenda

Davide Salvado e Pedro Pascual
sexta feira 29 decembro 2017, 23:00
Vistas : 219

DAVIDE SALVADO E PEDRO PASCUAL, presentan o disco "LOBOS" no Paralaia.

O venres 29 de decembro ás 23.00 horas tendes un cita ineludible no Paralaia. Davide Salvado presentará o seu disco "Lobos" acompañado do músico galego e productor musical deste mesmo traballo, Pedro Pascual. Os dous músicos veñen de percorrer neste ano moitos lugares de Galicia, pero tamén estiveron no Calgary Folk Music Festival (Canadá) e no Helsinki Festival (Finlandia), entre outros.

DAVIDE SALVADO é, sen dúbida, unha das voces máis carismáticas de Galicia. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. No 2003 comenzou a súa carreira profesional xunto a Ugia Pedreira (Marful) e o grupo Ecléctica Ensemble. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do gaiteiro Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. 

Davide colaborou ademáis en varios traballos discográficos, como "Galiza" de Kepa Junkera ou o internacionalmente aclamado e nomeado aos Grammy "Sing me Home" de Yo-Yo Ma & Silk Road Ensemble, entre outros.

No 2011, editou o seu primeiro traballo en solitario, "Árnica Pura" producido por Eliseo Parra, que esgotou catro edicións. Tras dous anos de xira, presentou "O Ladrón de Amorodos", un espectáculo a trío xunto o acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto) e opercusionista e gaiteiro Cristian Silva. Con este espectáculo, Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de world music máis importante do mundo. Grazas a isto,conseguiu unha grande presenza nos medios especializados internacionais, onde falaron del como unha das grandes descubertas do 2014.

En febreiro de 2015 editouse o disco "Rústica" xunto con Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña, que acadou moi boas críticas.

No 2015 editou o seu novo disco en solitario, LOBOS, producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), no que Davide se ve arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro (arranxista de moitos dos temas), Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrrá), entre outros.

PEDRO PASCUAL músico galego e productor musical de referencia en Galicia. Vinculado directamente a proxectos como Lamento, Nuke Trío (con Germán Díaz e Pablo Pascual), Talabarte (con Kin García e Quim Farinha), Marful (con Ugia Pedreira, Marcos Teira e Pablo Pascual), Al Pe de la Letra (xunto a Guadi Gallego, Narf, Xabier Díaz,...), Descarga al Vivo (con Pablo Milanés e músicos cubanos e galegos).

Ten acompañado en grabacións e en directo con grupos notables das músicas tradicionais, como Leilía, Uxía Senlle, Xosé M. Budiño ou María Salado. Pero ademáis, ten traballado xunto a outros importantes músicos como Jacky Molard, Soïg Siberil, Donal Shaw, Wafir Sheik, Vartina, Tony McManus, Mercedes Peón, Pierre Invert, Mairin Fahy, Kathryn Tickell, Daniel Lapp, Javier Bergia, Kepa Junkera, Jaime Muñoz, Harry Manx, Tanya Tagaq, Jorge Drexler, Berrogüetto, Guadi Gallego, Pablo Milanés, Davide Salvado, Najla Shami, Narf, etc. 

Realiza composicións orixinais, bandas sonoras e spots como: Año de la Música en Pontevedra (documental), Ao Pe da Letra (espectáculo), Los hombres solo cuentan hasta tres (teatro), O Barco de la Memoria (documental), Trece Campanadas (programa TV), Gente con Gente (programa TV), Con la comida no se juega -Empresa Bama- (Spot TV), Cucuducho video promocional.

Na actualidade compaxina los concertos, grabacións, produccións de discos e o seu traballo compositivo coa docencia en importantes centros como: CMTF (Lalín), aCentralFolque (Santiago de Compostela), Instituto Piaget (Viseu-Portugal), Universidad Popular (Vigo), ESMU Santiago de Compostela, Fingoi Centro de Música, ... creando un método e programa para o estudo do acordeón diatónico en Galicia. 

Si, amigos e amigas, estes dous musicazos pecharán a tempada de concertos #paralaiamente deste 2017!!!!

Lugar: Paralaia Pub - Ortigueira
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.