Home Axenda
Events Calendar help
Mounqup
Saturday, 06 January 2018, 22:00
Hits : 151

Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa súa voz en bandas de Jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comenzou a xogar con loops e samplers ata se converter na artista que é hoxe. As súas composicións son un collage de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup.

Agora presenta o seu primeiro traballo de estudio, Proba de Son (2017), da man do selo ourensán MOLHO. Componse de dez cortes que definen esta primeira etapa da artista. Un encontro de melodías suxerentes que nacen da terra para encontrarse coa modernidade. Temas que falan das problemáticas sociais que nos asexan e das visións que manan das entrañas dunha persoa mergullada nas costumes naturais por decisión propia. Un ensaio vital a través da música.

Sábado 6 de xaneiro ás 22:00 h. 

Location : La Lata de Bombillas - Zaragoza (España)

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Xuñ 21 @21:00 - - Iago Mouriño Trío - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Xuñ 21 @22:00 - - De Vacas - Praza de Santa Mariña - Sarria
Ven Xuñ 22 - Bakin Blues Band - Praza de Feixóo - Santiago de Compostela
Ven Xuñ 22 @20:00 - - XIV Venrespirar - Café Mirador San Francisco - Ourense
Ven Xuñ 22 @21:00 - - De Vacas - Praza 8 de Marzo - Santiago de Compostela
Ven Xuñ 22 @22:30 - - Cinta Adhesiva - Parque de Loriga - Lalín
Ven Xuñ 22 @23:30 - - Concerto X Aniversario Lumarea - Praia Area da Vila - Camariñas
Sab Xuñ 23 - Bakin Blues Band - Praza de Feixóo - Santiago de Compostela
Sab Xuñ 23 - Dakidarría - Vintoro Festival - Toro, Zamora (España)
Sab Xuñ 23 - Esmorga Dirt - Praza da Vila - Sarria
Sab Xuñ 23 - Noite Fechada - Chiringo Xa Cho Dixen - A Illa de Arousa
Sab Xuñ 23 - San Xoán 2018. A Coruña - A Coruña

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto