Axenda

Tenue + Cloaca
sábado 17 febreiro 2018, 21:00
Vistas : 215

Tenue: volven estes guardenses á Coruña. Un proxecto que comezou sen moita esperanza de vida pero que a día de hoxe xa percorreron o norte da península e tocaron en diversos ccss. É un grupo que non para de mudar, mais sempre oscila entre o emo, o crust e o punk con letras cunha forte carga política. Aquí podedes pegarlle unha escoitada ao primeiro que grabaron:
https://tenuepunx.bandcamp.com/

Cloaca: pode que xa oírades deste dúo coruñés, aínda que non levan moito tocando estanse movendo bastante. Con membros de bandas aínda vivas como Bento Veloso e os Doce Trinches ou Harakiri, só con guitarra, batería e voz faranvos mover o esquelete. Aquí o seu canal de Youtube pra ir quentando:
https://www.youtube.com/channel/UC2bg4jatfAUD4hp3VVAgN4Q

21:00 (puntuais, procurade vir con marxe)
3 euritos (bote íntegro para artistas)
La Maleta (calle Orzán 170, 15003, A Coruña)

Lugar: La Maleta - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.